Pola defensa do noso litoral

Nesta páxina podes descargar documentación relacionada co proxecto da vía Ártabra que, entre outros danos medioambientais e ao patrimonio, inclúe a construción dun túnel baixo o Castelo de Fontán (declarado Ben de Interese Cultural) que lle afectaría irreversibelmente ao mesmo así como ao litoral e á praia de Morazón.

Se desexas asinar en contra deste proxecto aberrante, preme na seguinte ligazón: Salvemos Sada! Paremos o vial!

 

 

 

Un comentario en “Pola defensa do noso litoral

  1. O alcalde de Abegondo sinalou como día histórico este en que As Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo foron declaradas pola Unesco “Reservas mundiais da biosfera”. E sen dúbida o é, e un motivo de celebración, sobre todo tendo en conta canto está a suceder, e as agresións ás que está a ser sometida a nosa Terra.
    Como dato curioso, aínda que en absoluto sorprendente, o feito de que non se tivese noticia de ningunha declaración por parte do sr. Anido, alcalde de Sada, un dos municipios beneficiados por esta decisión. Supoño que tendo en conta os seus actuais proxectos, máis que celebralo, sentirase fondamente contrariado polo que pode ser un argumento definitivo para impedir que se leve a cabo o atropelo que, precisamente Nas Mariñas teñen previsto levar a cabo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s