Aqui podes comprobar o impacto e afectación do vial no tramo entre Vertín e Fontán
Documentos
Dende hoxe temos unha boa noticia, a Unesco ven de declarar reserva da Biosfera, ademais das Terras do Mandeo, As Mariñas Coruñesas, entre as que se inclue todo o litoral e a contorna de Carneodo a Fontán. Agora son zonas coa máxima catalogación e polo tanto máxima protección, aínda que sigan teimando na idea de destruílas. Aqui poderas comprobar a noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/05/28/marinas-corunesas-terras-do-mandeo-reserva-biosfera/00031369745872
A Plataforma pola defensa da Ría de Sada xa iniciou a súa campaña de alegacións ao PXOM de Sada, porque queremos e seguimos loitando por preservar o noso entorno, o noso patrimonio, a nosa historia, a nosa riqueza natural, a nosa arquitectura tradicional, a nosa aportación aos nosos símbolos senlleiros que nos conforman como pobo, as nosas cruces de pedra, os noso castelos e as súas ruinas, pegada do noso pasado; iso é o que fan nos lugares e paises desenvolvidos e nos non queremos ficar no inexorabel atraso ao que nos queren condenar. Asi que se queres, podes, estas de acordo, gostarias de de colaborar con nos e axudarnos, podes descargar e presentar as alegacións ao plan xeral de ordenación municipal que temos preparadas e poñemos á túa disposición: