Caras e caros todos por fin estamos de volta cunha nova proposta para todas e todos vos, un novo convite, unha nova convocatoria! Xa chegou o momento, non pode agardar máis, dunha nova edición do que queremos que se convirta nunha tradición, o noso Safari Fotográfico e xa imos pola terceira edición. Mais para continuar e darlle sentido precisamos da vosa implicación e da vosa participación, así que dende a Plataforma animamosvos vivamente a que collades os vosos aparellos, trebellos capaces de fotografar e recollades nunha imaxe ou en varias (máximo 5, consultar as bases) o que máis vos preste da nosa contorna por terra, por mar ou por aire! Aqui vos deixamos as bases desta nova edición do noso safari fotográfico e o cartaz anunciando esta nosa nova edición do III Safari fotográfico Fontán e contorna! Agardamos ansiosas polas vosas fotos que poderedes mandar ao noso e-mail: plataformadefensariadesada@gmail.com
Actividades
Prezadas e prezados:
Esta Plataforma ten o pracer de convidarvos á inauguración da exposición das fotos do Safari fotográfico ao que vos convocamos o pasado agosto (2013), unha mostra que consistirá na exhibición dunha foto de cada unha e cada un dos participantes no devandito concurso, que serán (ou seredes) así protagonistas. O acto terá lugar este xoves 28 de agosto dende as 20:00 en diante na cafetería Sada Coffee 7, situada na avenida do Porto 25, 15160 Sada (detrás da Axudantía). Como non podía ser doutro xeito, haberá pinchos. Para aqueles que non poidades asistir á inauguración, non vos preocupar: a exposición durará até o 15 de setembro. Agardamos que poidades asistir nalgún momento, especialmente este xoves.
Aqui vos deixamos algunhas fotos da inauguración da exposición de fotografias das e dos participantes no I Safari fotográfico Fontán e Contorna edición 2013. O noso pequeno album! Aproveitamos para anunciarvos e animarvos a participar na II edición do Safari, para o que en breve colgaremos as bases neste blog e na nosa páxina de facebook: http://www.facebook.com/plataformaendefensadaria. Tamén comunicámosvos que se ampliará a exposición ate o venres 19 de setembro!
Moito obrigadas, unha outra vez, a todas e a todos, pola vosa presencia, participación, axuda, colaboración……!
Mañá, 28 de xuño, estaremos participando nunha xornada moi especial, a Festa da República Galega en Ordes, no Campo da Festa, na vella estación do comboio, na Pontraga.
Aqui vos deixamos un par de fotos da nosa participación na Festa da República Galega, moito obrigadas a todas e todos polo voso interese e colaboración!
Que mellor comezo de ano que convidarvos a a unha nova actividade da Plataforma. Desta volta unha charla a cargo do arqueólogo Antón Fernández Malde, quen fixo no ano 2008 os trabalhos de recuperación do Castelo de Fontán, e que nos contará como foron. Será mañá martes ás 20:00 no bar ‘El Canalla’ no porto de Fontán. Desculpade que mandemos a información e o convite con tan pouco tempo de antelación mais non puído ser doutro xeito. Agradamos que a actividade sexa do viso agrado e poidades asistir!
Ola de volta! Despois de moito tempo, aqui estamos de volta para comunicarvos, informarvos e convidarvos á nova edición, a segunda, do que xa pretendemos sexa algo con continuidade, o Serán en Fontán, e darlle así a nosa aldea unha pequena festa e celebración da cal carece; e tamén seguir a defender e reivindicar o noso entorno e patrimonio natural e cultural xa que segue a estar ameazado e en perigo.
Quedades logo convidadas e convidados a este novo serán que terá lugar este domingo 24 de novembro na cafetería Coffee 7, situada detrás da Axundantía, na avenida do Porto, 25. Previamente faremos unha pequena benvida no xa emblemático Castelo de Fontán a partir das 18:00, para continuar con proxecións, das fotografias do noso primeiro certame fotográfico; poesía; teatro e música, acompañado todo dun pequeno magosto, xa que a época e a tradición así o piden.
Aqui tedes o cartaz que anuncia o Serán para que teñades máis información das actuacións! Agardámosvos e vide connosco a celebrar a festa, o magosto e o serán!!
Aqui vos deixamos, por fin e non é sen tempo, o resultado do noso primeiro certame fotográfico ‘Fontan e contorna’ que celebramos entre os dias 15 e 18 de agosto deste mesmo ano, e que entregamos a finais dese mesmo mes. Unha vez máis queremos agradecer a todas e todos os participantes o seu traballo
Do 15 ao 18 de agosto tedes outro motivo máis de festa! Convocamos un CONCURSO FOTOGRÁFICO baixo a denominación SAFARI FOTOGRÁFICO “FONTÁN E CONTORNA” con obxecto de aumentar a visibilidade da riqueza patrimonial e natural da contorna de Fontán afectada polo proxecto de enlace coa vía Ártabra. Quen se apunta?
Adxuntamos as bases para maior información!
Safari fotográfico “Fontán e contorna”: bases