CONEXIÓN DE SADA-OLEIROS COA VÍA ÁRTABRA
Dende a Plataforma en Defensa de ría de Sada queremos dar a coñecer este proxecto que coa súa formulación actual supón, dende o noso punto de vista, un grave prexuízo ao patrimonio ambiental e histórico de Sada.
O informe completo pódese consultar no área de urbanismo e infraestructuras no Concello de Sada. O prazo de alegacións fronte a este proxecto termina o día 8 de Xuño.
Afectacións sobre o patrimonio histórico e medioambiental:
Este proxecto termina nun falso túnel que pasa a escasos metros do noiro que delimita a praia de Morazón, o que provocará sen dúbida a súa caída xa que se trata dun cantil altamente inestable que non será capaz de soportar as obras.
Elimínase o castelo de Fontán; aínda que o plan indica que se desmontará o Castelo e se volverá a montar, as súas características arqueolóxicas non permiten desmontalo sen destruír en gran parte o patrimonio arqueolóxico do mesmo (a práctica totalidade do xacemento arqueolóxico atópase baixo terra).
Ademáis aféctanse importantes zonas con alto valor medioambiental e ignora claramente as normativas do plan ordenación litoral (POL), que preserva as zonas costeiras.
Irregularidades na elección do trazado:
O proxecto realiza un estudo detallado de diferentes alternativas do trazado (cinco en total).
Para iso estúdase a seguridade vial, custe económico, impacto ambiental, taxa interna de retorno (T.I.R.), funcionalidade.
A elección da mellor alternativa realízase, en teoría, en función destes criterios, e a máis ventaxosa (baseado exclusivamente nos datos que o propio estudo proporciona) é a Opción E, esta é moi similar á que se mostra na parte posterior deste folleto que corresponde á Opción D pero termina na rotonda anterior ao túnel, polo que non se realizaría o devandito túnel.
A FRAUDE prodúcese cando para xustificar a construción do devandito túnel, falséase a baremación dos mesmos. No momento de ponderar os distintos estudos decídese non incluír a seguridade vial e sácanse da manga un novo baremo a ter en conta: a Conectividade ao porto. Esta última variante non se estuda, e por si iso fose pouco se lle concede un terzo do peso total para tomar a decisión, sendo o único criterio que se ten en consideración si a alternativa ten ou non túnel, coma se non fose posible acceder ao porto sen el.
Podemos coincidir que o acceso ao porto é un factor a ter en conta, pero ten que baremarse. Por exemplo, a redución do tempo de acceso, tárdanse un par de minutos máis en chegar ao porto coa Opción E que coa D (a que se aproba), e o devandito túnel custa apenas 6 MILLÓNS DE EUROS. Si isto se tivese en conta a Opción elixida sería a E.
Para rematar consideramos que a vida das persoas (seguridade vial) ha de pesar polo menos tanto como o acceso ao porto.
Aínda coa baremación suscitada pola Xunta a diferenza entre a opción E e D é mínima 0,22 e 0,24 puntos respectivamente.
En resumo e na nosa modesta opinión, a destrución dunha das praias máis emblemáticas de Sada: Morazón, o derrube do castelo de Fontán e gastar 6 millóns de euros a maiores, só para construír un falso túnel para aforrar un par de minutos, parécenos un despropósito, e que de responder a algún interese, non o fai ao xeral da poboación de Sada, e ten que ser detido. Que opina vostede?
Canto antes o fagan mellor pra a maioria de sadenses