Quen somos

plataf

Somos xentes, mulleres, homes, rapazas, rapazes, xente de moita idade e con moita vida, nenas e nenos que vivimos, gozamos, compartimos, apreciamos moitos dos recunchos marabillosos que a natureza nos ofrece e que ainda conserva Sada; pero a preocupación de que cada vez queden menos motívanos para mostralos como son e nos dá a enerxia para aprecialos e valoralos ainda máis e defendelos coma se dunha prolongación do noso corpo se tratase. Porque é o noso patrimonio natural e colectivo e a sua destrucción seria unha perda irreparabel para todas e todos. Lugares coma Fontán, Pazos, Carnoedo, O Castro de Samoedo, Morazón, Pena da Herba, Lobos, Arnela, Arneliña, Armenteiro, Lourido, Punta Lavadoira, Punta Santo Amadio, Punta Gaivoteira, Cirro, San Pedro, Castelo, Soñeiro, Meirás, Chan de Aldea, Sada de Arriba, As Agras, A Cañota, O Fiunchedo, Mosteirón, Osedo, As Catro esquinas, etc…Hoxe temos un perigo inminete que ameaza, unha vez máis, a un dos poucos lugares de valor que ainda conserva Sada, este perigo é o denominado víal de enlace da Vía Ártabra co Porto de Sada, plan proxectado polo goberno da Xunta a través da súa Conselleria de Medio Ambiente Obras Públicas e Infraestructuras, calquera ataque que sufra lugar ou parroquia do concello suporá unha perda irreparabel e irrecuperabel, e según o proxecto, cun orzamento de máis de 25 millóns de euros saidos dos nosos petos, no seu tramo final arrasaria co lugar de Fontán, e outros da contorna, parroquias como Mosterión, Mondego, lugares como Vertín, Beloi, Riobao ou Pazos, quedando ademais incomunicados; levándose por diante o Castelo de Fontán, a praia de Morazón, ademais de supoñer un impacto ambiental e paisaxístico devastador, sen esquecer os desperfectos a particulares e ao entorno nos seus tramos anteriores e na fase final. Sexa onde sexa, se fixera onde fose sempre seria e sempre será unha auténtica desfeita, e xa estamos fartas e fartos delas; estivera máis ou menos cerca da nosa vida cotiá, do noso entorno máis directo, sempre será un dano sen remisión, ainda máis é tendo en conta que é un vial total e indubidábelmente innecesario, que non só non comunica senon que incomunica, e de moi posibel ilegalidade. Por iso todas e todos nos desde este blog e desde onde estamos berramos e berraremos:

SALVEMOS SADA! PAREMOS O VIAL! NON AO TUNEL!

Un comentario en “Quen somos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s