Aqui vos deixamos o resultado da II edición do noso Safari Fotográfico Fontán e contorna. A entrega de premios, como ben sabedes, celebrámola onte no noso local de referencia Sada Coffee 7! Unha vez máis moito obrigadas a todas e todos por participar e por asistir!
Arquivo
Todos os artigos para o mes Setembro 2014
Aqui de volta para convidarvos e animarvos a participar na segunda edición do noso certame fotográfico ‘Fontán e contorna’. Aqui tedes as bases para consultar, agora compre que nos enviedes as fotos, estamos desexosas e desexosos de recibilas! Enchede o noso e-mail de fotos! E por se tedes dúbida cal é, e aínda que aparece nas bases, aqui o deixamos tamén: plataformadefensariadesada@gmail.com. Agardamos as vosas fotos! Tedes de prazo ate o 24 de setembro, e se o que preferides é facer un Safari en condicións o 20 de setembro ás 10:30 da mañá temos preparado un roteiro pola costa para que poidades facer as vosas fotos!