Arquivo
Todos os artigos para o mes Setembro 2012
O Partido Popular, que a través da súa actuación nos gobernos municipais foi o principal responsable da destrución de boa parte das construcións modernistas de Sada, anuncia agora a celebración dunha Feira Modernista.
A idea de facer unha festa modernista ten que ir acompañada da necesaria divulgación do noso patrimonio, para lembrar o que por desgraza xa perdemos e protexer o que aínda queda.
O BNG de Sada, que sempre mantivo un compromiso coa conservación, pretende, mediante a edición do presente video e dun caderno, dar a coñecer a Sada dos anos 20 e os seus vestixios arquitectónicos.
M. Pérez Lorenzo