Sada Artabra

  • Entrega de premios do III Safari Fotográfico Fontán e Contorna e inauguración da exposición da II edición
  • Quen somos
  • Actividades
  • Alegacións ao vial de enlace de Sada coa vía Ártabra
  • Alegacións ao plan xeral de Sada
  • Pola defensa do noso litoral

Roteiro pola Costa

Publicado por galaikoia o 19 Setembro 2015
Publicado en: Actividades realizadas. Deixar un comentario

IMPORTANTE: POR MOTIVOS DE ORGANIZACIÓN, O ROTEIRO PREVISTO PARA MAÑÁ SÁBADO 19 CAMBIA DE DÍA E PASA A CONVOCARSE O DOMINGO 20 ÁS 11:30 DA MAÑÁ E IGUALMENTE O LUGAR DE ENCONTRO É NO PORTO, DIANTE DAS ESCALEIRAS DE MADEIRA QUE DAN Á RÚA DE ABAIXO DE FONTÁN. DIFUNDIDE SE COÑECEDES A ALGUÉN INTERESADO!!! GRAZAS MIL!!!

 11927475_898472663566355_5287187707190856952_o

III Safari fotográfico Fontán e contorna

Publicado por galaikoia o 14 Setembro 2015
Publicado en: Actividades. Deixar un comentario

Caras e caros todos por fin estamos de volta cunha nova proposta para todas e todos vos, un novo convite, unha nova convocatoria! Xa chegou o momento, non pode agardar máis, dunha nova edición do que queremos que se convirta nunha tradición, o noso Safari Fotográfico e xa imos pola terceira edición. Mais para continuar e darlle sentido precisamos da vosa implicación e da vosa participación, así que dende a Plataforma animamosvos vivamente a que collades os vosos aparellos, trebellos capaces de fotografar e recollades nunha imaxe ou en varias (máximo 5, consultar as bases) o que máis vos preste da nosa contorna por terra, por mar ou por aire! Aqui vos deixamos as bases desta nova edición do noso safari fotográfico e o cartaz anunciando esta nosa nova edición do III Safari fotográfico Fontán e contorna! Agardamos ansiosas polas vosas fotos que poderedes mandar ao noso e-mail: plataformadefensariadesada@gmail.com

Bases III Safari Fotográfico Fontán e Contorna

cartaz-iii-safari-2015-1

Bo ano 2015! Que sexa o mellor posibel coa forza e enerxia de todas e todos!

Publicado por galaikoia o 8 Xaneiro 2015
Publicado en: Pola defensa do noso litoral. Deixar un comentario

A nosa loita non para!

Featured imageFeatured image

Premios II Safari fotográfico Fontán e contorna, setembro 2014

Publicado por galaikoia o 29 Setembro 2014
Publicado en: Actividades realizadas. Deixar un comentario

Aqui vos deixamos o resultado da II edición do noso Safari Fotográfico Fontán e contorna. A entrega de premios, como ben sabedes, celebrámola onte no noso local de referencia Sada Coffee 7! Unha vez máis moito obrigadas a todas e todos por participar e por asistir!

PremiosSafari

II Edición Safari Fotográfico ‘Fontán e contorna’

Publicado por galaikoia o 8 Setembro 2014
Publicado en: Actividades realizadas. Deixar un comentario

Aqui de volta para convidarvos e animarvos a participar na segunda edición do noso certame fotográfico ‘Fontán e contorna’. Aqui tedes as bases para consultar, agora compre que nos enviedes as fotos, estamos desexosas e desexosos de recibilas! Enchede o noso e-mail de fotos! E por se tedes dúbida cal é, e aínda que aparece nas bases, aqui o deixamos tamén: plataformadefensariadesada@gmail.com. Agardamos as vosas fotos! Tedes de prazo ate o 24 de setembro, e se o que preferides é facer un Safari en condicións o 20 de setembro ás 10:30 da mañá temos preparado un roteiro pola costa para que poidades facer as vosas fotos!

SafariAzul

Bases II Safari Fotográfico ‘Fontán e contorna’

Exposición de imaxes do I Safari Fotofráfico ‘Fontán e Contorna’

Publicado por galaikoia o 26 Agosto 2014
Publicado en: Actividades,Actividades realizadas. 1 comentario

Prezadas e prezados:
Esta Plataforma ten o pracer de convidarvos á inauguración da exposición das fotos do Safari fotográfico ao que vos convocamos o pasado agosto (2013), unha mostra que consistirá na exhibición dunha foto de cada unha e cada un dos participantes no devandito concurso, que serán (ou seredes) así protagonistas. O acto terá lugar este xoves 28 de agosto dende as 20:00 en diante na cafetería Sada Coffee 7, situada na avenida do Porto 25, 15160 Sada (detrás da Axudantía). Como non podía ser doutro xeito, haberá pinchos. Para aqueles que non poidades asistir á inauguración, non vos preocupar: a exposición durará até o 15 de setembro. Agardamos que poidades asistir nalgún momento, especialmente este xoves.

expo-safari1

Aqui vos deixamos algunhas fotos da inauguración da exposición de fotografias das e dos participantes no I Safari fotográfico Fontán e Contorna edición 2013. O noso pequeno album! Aproveitamos para anunciarvos e animarvos a participar na II edición do Safari, para o que en breve colgaremos as bases neste blog e na nosa páxina de facebook: http://www.facebook.com/plataformaendefensadaria. Tamén comunicámosvos que se ampliará a exposición ate o venres 19 de setembro!

 ExposiciónSafari1InauguraciónExposiciónSafari4

ExposiciónSafari7ExposiciónSafari2 ExposiciónSafari3ExposiciónSafari5 ExposiciónSafari4 ExposiciónSafari6 ExposiciónSafari8 ExposiciónSafari9ExposiciónSafari10 ExposiciónSafari11 ExposiciónSafari13 ExposiciónSafari12 ExposiciónSafari14 ExposiciónSafari15  ExposiciónSafari17ExposiciónSafari16 ExposiciónSafari18 ExposiciónSafari19 ExposiciónSafari20 ExposiciónSafari21 ExposiciónSafari22 ExposiciónSafari23 ExposiciónSafari24 ExposiciónSafari27 ExposiciónSafari28 exposiciónSafari29 ExposiciónSafari30 ExposiciónSafari31

                              InauguraciónSafari7

Moito obrigadas, unha outra vez, a todas e a todos, pola vosa presencia, participación, axuda, colaboración……!

A Plataforma pola Defensa da Ria de Sada e Betanzos na Festa da República Galega

Publicado por galaikoia o 28 Xuño 2014
Publicado en: Actividades,Actividades realizadas. Deixar un comentario

Mañá, 28 de xuño, estaremos participando nunha xornada moi especial, a Festa da República Galega en Ordes, no Campo da Festa, na vella estación do comboio, na Pontraga.

República2014 

Aqui vos deixamos un par de fotos da nosa participación na Festa da República Galega, moito obrigadas a todas e todos polo voso interese e colaboración!

SAMSUNG IMG-20140628-WA0018

Manifestación contra as inxustas cotas do cerco!

Publicado por galaikoia o 15 Marzo 2014
Publicado en: Actividades,Actividades realizadas. Deixar un comentario

A Plataforma pola Defensa da Ría de Sada e Betanzos sempre cos seus mariñeiros e toda a xente do mar. Acode a manifestación! Este sábado ás 18:00 na lonxa do porto de Fontán

IMG-20140313-WA0009

Charla a cargo de Antón Fernández Malde sobre os traballos no Castelo de Fontán

Publicado por galaikoia o 31 Xaneiro 2014
Publicado en: Actividades,Actividades realizadas. Deixar un comentario

Charla a cargo de Antón Fernández Malde sobre os traballos no Castelo de Fontán

Que mellor comezo de ano que convidarvos a a unha nova actividade da Plataforma. Desta volta unha charla a cargo do arqueólogo Antón Fernández Malde, quen fixo no ano 2008 os trabalhos de recuperación do Castelo de Fontán, e que nos contará como foron. Será mañá martes ás 20:00 no bar ‘El Canalla’ no porto de Fontán. Desculpade que mandemos a información e o convite con tan pouco tempo de antelación mais non puído ser doutro xeito. Agradamos que a actividade sexa do viso agrado e poidades asistir!

A nosa postal de aninovo

Publicado por galaikoia o 31 Xaneiro 2014
Publicado en: Saudas e parabéns. Deixar un comentario

FelizAno

 

Navegación de artigos

← Entradas máis antigas
  • LIGAZÓNS

    • POLA DEFENSA DO NOSO LITORAL
  • Artigos recentes

    • Roteiro pola Costa
    • III Safari fotográfico Fontán e contorna
    • Bo ano 2015! Que sexa o mellor posibel coa forza e enerxia de todas e todos!
    • Premios II Safari fotográfico Fontán e contorna, setembro 2014
    • II Edición Safari Fotográfico ‘Fontán e contorna’
  • Arquivo

    • Setembro 2015
    • Xaneiro 2015
    • Setembro 2014
    • Agosto 2014
    • Xuño 2014
    • Marzo 2014
    • Xaneiro 2014
    • Novembro 2013
    • Outubro 2013
    • Agosto 2013
    • Xullo 2013
    • Xuño 2013
    • Maio 2013
    • Abril 2013
    • Novembro 2012
    • Setembro 2012
    • Agosto 2012
    • Xullo 2012
  • Categorías

    • Actividades
    • Actividades realizadas
    • Documentos
    • Patrimonio
    • Pola defensa do noso litoral
    • Saudas e parabéns
  • Meta

    • Rexistrarse
    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.com
Blog en WordPress.com.
Sada Artabra
Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Sada Artabra
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Sada Artabra
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...